CONVIVE + é un proxecto do programa da Iniciativa Comunitaria EQUAL da Unión Europea
CONVIVE + é un proxecto dirixido a persoas retornadas e inmigrantes
¿Qué é convive mais?

CONVIVE + é un proxecto do programa da Iniciativa Comunitaria EQUAL da Unión Europea que se encarga de deseñar novos métodos de promoción da igualdade de oportunidades no mercado de traballo.

O proxecto CONVIVE + persegue fomentar a creación de empresas de economía social entre as persoas emigrantes retornadas e inmigrantes que residen nas provincias da Coruña e Pontevedra.

O propósito principal do proxecto CONVIVE + é conxugar a experimentación de novos métodos de integración sociolaboral das colectividades migrantes co desenvolvemento social e económico de Galicia. As mellores prácticas resultantes serán transferidas ás políticas xerais das Administracións Públicas con competencias na materia.

A Secretaría Xeral de Emigración participa na implementación de boa parte das accións contempladas no CONVIVE +, se ben é certo que a súa función máis destacable é a da xestión e coordinación xeral do proxecto. A Secretaría Xeral é a entidade designada como representante do CONVIVE + diante dos organismos oficiais da Unión Europea.

As diferentes accións inscritas no proxecto desenvolveranse en cidades e vilas das provincias da Coruña e Pontevedra, por tratarse dos territorios cunha maior presenza total e relativa das colectividades migrantes en Galicia. 

O custo total do proxecto é de 1.346.397,00 EUR, dos que un 75% (1.009.797,75 EUR) están cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

 
Acceso á aula virtual de Convive+ Acceso ó viveiro virtual da Fundación Universidade da Coruña
imagen de aviso legal