CONVIVE + é un proxecto do programa da Iniciativa Comunitaria EQUAL da Unión Europea
CONVIVE + é un proxecto dirixido a persoas retornadas e inmigrantes
Fondo Social Europeo
O Fondo Social Europeo é un instrumento financeiro da Unión Europea creado para “contribuír ao desenvolvemento do emprego impulsando a empregabilidade, o espírito de empresa, a adaptabilidade, a igualdade de oportunidades e o investimento en recursos humanos”

¿Qué é o Fondo Social Europeo?

O Fondo Social Europeo (FSE) é un dos Fondos con finalidade estructural da Unión Europea que está destinado a promover un desenvolvemento harmonioso do conxunto da comunidade, a reforzar a súa cohesión económica e social e supón un dos  instrumentos financeiros máis importantes da Unión para fomentar as oportunidades de emprego e facilitar a adaptación aos cambios do mercado laboral.

Os fondos teñen un obxectivo común: corrixir os desequilibrios entre as rexións máis e menos desenvolvidas de Europa. A súa distribución realizase por rexións segundo a súa renda per capita relacionada coa renda media comunitaria. Galicia atópase no grupo de rexións obxectivo 1, que son as que reciben volume de recursos procedentes do Fondo por ter unha renda inferior ao 75% da media comunitaria.

¿Cales son os seus obxectivos?

O Fondo apoia e complementa medidas dos Estados membros destinadas a:

  • Desenvolvemento de políticas activas do mercado de traballo para combater o desemprego, especialmente de longa duración e apoiar a integración profesional de xoves e de persoas que se reincorporan despois dun período de ausencia.
  • Promoción da igualdade de oportunidades no acceso ao traballo de todas as persoas, especialmente das que están en risco de exclusión.
  • Fomento e mellora da formación profesional, da formación en xeral e do asesoramento.
  • Impulso da actividade productiva, da adaptabilidade na organización do traballo, do desenvolvemento da iniciativa empresarial e do reforzo do potencial humano na investigación, a ciencia e a tecnoloxía.
  • Adopción de medidas especiais para a mellora no acceso e a participación da muller no mercado de traballo, incluído o desenvolvemento da súa carreira profesional e o seu acceso a novas oportunidades de traballo e de creación de empresas.


¿Que actividades cofinancia?

As axudas do FSE destínanse principalmente á asistencia en favor das persoas para as seguintes actividades de desenvolvemento de recursos humanos:

  • Educación e formación profesional.
  • Axudas ao emprego e ao autoemprego.
  • Formación de investigadoras e investigadores.
  • Desenvolvemento de novos xacementos de emprego, incluído o sector da economía social.


Estas actuacións compleméntanse con axudas para mellorar o acceso das traballadoras e traballadores á formación e ás cualificacións, para mellorar os servizos de emprego, para desenvolver vínculos entre o mundo do traballo e os centros de ensino e de investigación, e para o desenvolvemento de sistemas para a anticipación dos cambios no emprego e nas cualificacións, particularmente na relación coas novas modalidades e formas de organización do traballo, tendo en conta a necesidade de conciliar familia e profesión.
 
Acceso á aula virtual de Convive+ Acceso ó viveiro virtual da Fundación Universidade da Coruña
imagen de aviso legal