CONVIVE + é un proxecto do programa da Iniciativa Comunitaria EQUAL da Unión Europea
CONVIVE + é un proxecto dirixido a persoas retornadas e inmigrantes
Requisitos

Os requisitos xerais para poder participar no proxecto Convive+ son:

 -Ser inmigrante en situación regular ou emigrante retornado/a
 -Ter residencia oficial na Coruña ou Pontevedra
 -Ter unha idea de negocio e querer levala a cabo dentro do territorio de Galicia.

Os criterios de partida para poder ser beneficiario/a do proxecto son os seguintes (considerados como prioritarios aínda que non estrictamente excluíntes para os restantes perfís persoais non incluídos neste listado):

  -Mulleres inmigrantes ou emigrantes retornadas desempregadas que queiran constituír unha empresa e precisen socias para iniciar e desenvolver o proxecto.

    -Persoas inmigrantes ou emigrantes retornadas (preferentemente mulleres) con terceiras/os ao seu cargo que desexen explorar a posibilidade do autoemprego ou constituír unha empresa.


    -Persoas inmigrantes ou emigrantes retornadas (preferentemente mulleres) en núcleos familiares monoparentais, que desexen explorar a posibilidade do autoemprego ou constituír unha empresa.


    -Persoas inmigrantes ou emigrantes retornadas (preferentemente mulleres) que, dende o autoemprego, desexen constituír unha empresa, unha sociedade cooperativa ou outra forma de Economía Social
  

 
Acceso á aula virtual de Convive+ Acceso ó viveiro virtual da Fundación Universidade da Coruña
imagen de aviso legal