CONVIVE + é un proxecto do programa da Iniciativa Comunitaria EQUAL da Unión Europea
CONVIVE + é un proxecto dirixido a persoas retornadas e inmigrantes
O Itinerario

O itinerario integral para a creación de empresas é un dos instrumentos clave para o alcance de algúns obxectivos estratéxicos de Convive+, como son a potenciación do traballo en rede, da Economía Social, do mainstreaming de xénero, do uso das novas tecnoloxías e da concienciación medioambiental.

O itinerario brinda ao/a migrante a posibilidade de facer realidade o seu proxecto empresarial mediante a formación, o desenvolvemento e perfeccionamento do seu plan de empresa e, se é o caso, a solicitude do microcrédito, co asesoramento de profesionais na materia, da implementación real a través de diversos mecanismos e da garantía que ofrece Convive+ de prestar apoio ao/á emprendedor/a, especialmente nas fórmulas de Economía Social, ata a consolidación da súa empresa.

É sobre todo no itinerario, onde a interacción migrantes-equipo técnico é máis patente, e onde ambos toman conciencia do importante que é a creación da empresa no proceso de integración e participación social do individuo, e o que iso supón na economía dun territorio, sempre baixo as premisas medioambientais e de igualdade de xénero.

O itinerario integral para a creación de empresas divídese en 5 grandes ámbitos:
  -Captación de persoas usuarias
  -Procesos formativos especializados
  -Asesoría e asistencia específica á creación de empresas
  -Sistema telemático de prestación de servizos
  -Accións transversais de apoio e axuda directa

 
Acceso á aula virtual de Convive+ Acceso ó viveiro virtual da Fundación Universidade da Coruña
imagen de aviso legal